‘A Nai’, a historia das Irmás Touza chega a Cedeira da mán de Amorodio Teatro

A representación será este domingo, ás 19.00 horas, no Auditorio Municipal.

«A Nai» de Amorodio Teatro

A compañía Amorodio Teatro leva este domingo a Cedeira a obra de teatro “A Nai”, gañadora do premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña e que recrea a historia real das tres irmás que nos anos 40, a través do quiosco que rexentaban na estación de Ribadavia, salvaron a arredor de 500 personas que fuxían do nazismo. A función será ás 19.00 horas no Auditorio Municipal e as entradas teñen un prezo de 2,5€.

Marián Bañobre dirixe esta obra de teatro que fala, con moito sentido do humor, da posibilidade de seren mellores persoas en tempos de degradación moral. Así o demostraron Lola, Julia e Amparo Touza, as tres irmás que agocharon e ofreceron unha vía de escape a centos de xudíos, homosexuais, mulleres roxas ou xitanas… Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Yaiza Queiruga forman o elenco desta peza, na que se combinan ferramentas do teatro documental e a autoficción. O título, “A Nai”, fai referencia ao alcume da maior das irmás, Lola.

 

Lea también

Finaliza en el Campus de Ferrol la IV edición del Hackathon Navantia Next Pioneers

El rector de la Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao; el director del astillero de …