Once galegos se benefician no CEIP Ferrolterra do programa Retorna Talento FP

11 galegos no exterior cursan este ano FP galega no CIFP Ferrolterra a través das bolsas do Programa Retorna Talento FP.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do director do centro, Enrique Pazo, visitou na mañana do venres 7 ás alumnas do segundo curso do ciclo superior de Deseño e amoblamento que se imparte na modalidadede FP Dual a distancia.

A delegada territorial interesouse polo grao de satisfacción destas estudantes procedentes de Arxentina, Venezuela e Cuba co programa, así como a súa experiencia no marco desta iniciativa que permite que galegos residentes no estranxeiro, tanto emigrantes como descendentes destes, cursen formación profesional en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral.

As cinco alumnas están a compatibilizar unha primeira parte do curso en modalidade semipresencial no centro formativo cunha parte presencial en empresa. Os seis alumnos restantes que estudan o primeiro curso deste ciclo, desenvolven actualmente a primeira parte da súa formación a distancia desde o país de orixe que completarán posteriormente con prácticas en empresas en Galicia.

Aneiros lembrou que este ano o Goberno galego destina case un millón de euros a esta iniciativa que forma parte da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026 “e que non so favorece a formación dos galegos de fóra senón que tamén nos enriquece ao que vivimos en Galicia coa experiencia profesional internacional destes alumnos”, indicou a delegada.

Cada un dos beneficiarios do programa Retorna Talento FP reciben unha bolsa de 10.800 euros para afrontar os gastos asociados como a viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia e subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

A responsable da Xunta anotou ademais como novidade fronte ás convocatoriasanteriores, este ano ampliouse a idade límite das persoas solicitantes, pasando dos 40 aos 45 anos, favorecendo así que un maior número de persoas galegas que queiran retornar a Galicia poidan facelo acadando unha Formación Profesional recoñecida que posibilite a súa incorporación ao mercado laboral.

Lea también

Liberada una persona con un brazo atrapado en una máquina agrícola, en Monfero

Efectivos del Parque Comarcal de Bomberos, con base en As Pontes, han liberado a una …