Dazanove atletas galegos toman parte esta fin de semana no Campionato de España Indoor Su23 que se leva a cabo nas pistas catalanas de Sabadell este sábado 8 e domingo 9 de febreiro na procura dun bo rexistro.
![](https://galiciaartabra.es/wp-content/uploads/2025/02/FGA.jpg)
A priori Jorge Román Leiros do R.C.Celta que alcalzou o segundo posto no galego absoluto con 47.65, parte como clara aposta para estar na loita directa polos metais ao igual que o plusmarquista galego dos 110 valos Hugo Vázquez do Marineda At.
Sobre o círculo de peso participa a campiona galega internacional Xiana Lago do Ria Ferrol e o subcampión autonómico Fernando Vallines, que parten como dúas das claras opcións de podio.
Importantes opcións de igual modo no concurso de heptatlon ca participación de Aitor Fernández do Super Amara rozando a barreira dos cinco mil puntos.
Erik Fernández do Super Amara Bat sobre os 200 m. e Xoel Otero do Mazí en combinadas, serán outros dos atletas a priori que por rexistros, estarán na pelexa polos postos importantes