As Pontes e os concellos polo que discurre o Camiño do Bispo, fixan o trazado da ruta

Os concellos polos que discorre o camiño Real que une Mondoñedo con Ferrol, e que enlaza, en San Nicolás de Neda, co Camiño Inglés e co Camiño de San Andrés de Teixido, rebautizado como o Camiño do Bispo, acordaron iniciar o proceso para fixar o trazado desta ruta e convidar a sumarse a esta iniciativa aos municipios de Vilalba e As Somozas, polos que transcorren pequenos tramos da ruta.

Fuente Concello de As Pontes

Representantes dos municipios de As Pontes, Mondoñedo, Abadín, Muras, Xermade, San Sadurniño e Neda, tamén adoptaron a decisión de formalizar unha agrupación de concellos co obxectivo de impulsar os territorios que vertebran o norte de Galicia, nese sentido, González Formoso, apuntou que “o Camiño do Bispo será un factor de desenvolvemento, apostando polo turismo de calidade e a cultura, o que lle abrirá novas portas de futuro a un territorio moi amplo e rico”.

González Formoso lembrou, que o Camiño do Bispo non é so un mecanismo de xeración económica senón un extraordinario recurso turístico que conecta territorios dun extraordinario valor paisaxístico, medioambiental, histórico e etnográfico. “Debemos fomentar e incidir no seu coñecemento, botando man doutras administracións, para amosar ao mundo que existe unha conexión entre o Camiño Francés e o Camiño Inglés que se chama o Camiño do Bispo e, as persoas que peregrinan deben saber que non se baixan do Camiño de Santiago se pasan por As Pontes. Esa debe ser a nosa aspiración e o lema do noso camiño”

Os concellos reunidos onte nas Pontes manterán un novo encontro, o día 24 de febreiro no concello de Abadín, para seguir avanzando na procura de fórmulas para impulsar este proxecto.

Lea también

Formoso destaca con Margarita Robles “el impulso” que suponen los 7.000M€ invertidos por Defensa en el sector naval de Ferrolterra

El presidente de la Diputación de A Coruña, Valentín González Formoso, se ha reunido en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *