Cedeira amplía e reforma a piscina municipal co apoio da Diputación de A Coruña

O goberno local de Cedeira vén de remitir á Deputación da Coruña a memoria técnica da ampliación e reforma da piscina municipal. Segundo explicou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, é un paso moi próximo á sinatura dun convenio de colaboración coa administración provincial para dotar á localidade da cobizada piscina de 25 metros, superando as limitacións do vaso actual, de 16,20m de largo e 8,3 de ancho.

Fuente Concello de Cedeira

Moreda Gil recordou que o pleno do Concello aprobou por unanimidade a comezos de 2023 a reclamación da nova piscina de 25 metros con financiación a tres bandas: autonómica, provincial e municipal.

A moción esgrimía o intenso da instalación inaugurada hai 34 anos e os éxitos deportivos do Club Natación Cedeira. “O deporte é un sinal de identidade” da localidade, reivindicou a corporación. Porén, “temos que expresar a nosa decepción coa Xunta, porque pasaron máis de 400 días desde que solicitamos unha entrevista sen ter resposta”, dixo o alcalde, que agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña co Concello para facer realidade, a través da ampliación da actual infraestrutura, esta demanda “histórica”.

A solución que finalmente se vai adoptar consiste en desplazar a fachada leste do inmoble actual para facer un vaso de 25×11,6 metros. Coa reforma mellorará notablemente o funcionamento enerxético da instalación -inaugurada hai 34 anos e cun illamento deficiente-. Así, o proxecto incluirá a rehabilitación enerxética da cuberta e da fachada oeste.

A nova fachada leste será de vidro illante e permitirá o paso da luz natural. Nos laterais levantaranse muros de formigón para soportar a nova cuberta. A instalación contará, por último, con novos equipos de depuración de auga, renovación de aire e iluminación. O conxunto será unha piscina con máis espazo para nadar e máis confort para usuarios con menos consumo de enerxía.

Fuente Concello de Cedeira
Fuente Concello de Cedeira

No pasado ano 2024 foron un total de 1.086 as persoas que participaron nas actividades que se desenvolven na instalación: 220 en baño libre, 442 en natación infantil (0 a 6 anos), 61 en natación de adultos; 118 en ximnasia acuática; 32 nas sesións de saúde na auga para adultos e natación para embarazadas; 15 de Apader; 180 do Club Natación Cedeira e 18 do Stage Federación Galega de Triatlón. A instalación ten ademais 50 persoas en lista de espera, ás que cabería sumar aquelas que xa non se inscriben pola saturación da mesma.

Cómpre destacar a desvantaxe que supón a piscina actual para o traballo do Club Natación Cedeira, con 230 licencias federativas, que pese a elo ten unha destacadísima presenza e un longo medalleiro en competicións autonómicas, nacionais e mesmo internacionais. O goberno local presentou xa o proxecto aos seus responsables, que están dacordo en abordar a ampliación e acadar así unha solución a curto prazo.

O custo das obras ascende a preto de 550.000€, dos que a Deputación pagaría 300.000€. O Concello asumiría importe restante, xunto co proxecto. O convenio que está previsto asinar para levar adiante esta importante actuación súmase ao que xa estableceron o Concello e a  Deputación da Coruña para renovar o pavimento e o marcador electrónico do polideportivo municipal, unha actuación que tivo un orzamento de 187.000€ e do que a administración provincial custeou tamén o 80%.

Lea también

Campaña de recollida de firmas nas Pontes para esixir o servicio de raios x no centro de saúde

Solicitan tamén a cobertura total e a tempo completo das dúas prazas de pediatría asignadas …