Cedeira acolle o Top Máster Nacional de Bádminton Senior

A vila de Cedeira acolle os días 15 e 16 deste mes o Top Máster Nacional de Bádminton Senior “Memorial Juan Antonio Rodríguez Bustabad”, en recordo do xogador da entidade recentemente falecido. A competición, que nace con vocación de continuidade, contará coa participación de 119 xogadores de todo o país e abranguerá todas as categorías, desde a A1 (de 30 a 35 anos) ata SV+ (máis de 75), e modalidades (individuais, dobles e mixta).

O torneo está catalogado como Top Máster Nacional nº2, de maneira que ten o máis alto nivel e os xogadores e as xogadoras que gañen sumarán unha cantidade importante de puntos ao seu ranking. Os partidos xogaranse en sete pistas no Polideportivo Municipal, porén a organización contará tamén coa pista do IES Punta Candieira para os calentamentos.

O Club de Bádminton expresou o seu agradecemento a Eroski, Gadis, Cedeira Sport, RSL e ao seu patrocinador Muebles y Carpintería García. Tamén quixo recoñecer a colaboración e axuda da Federación Galega de Bádminton, a través do árbitro Alberto Freitas Fernández, e da Federación Española, concretamente a través da sección Planeta Senior e da súa representante Vanessa Serrano, para tramitar e coordinar o torneo.

Para rematar, o clube agradeceu a colaboración do IES Punta Candieira e a implicación do propio Concello de Cedeira, a través do alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, e do concelleiro de Deportes, Xosé Antón Arribe Rodríguez.

Lea también

Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la Eurocup Women

El Baxi Ferrol última los detalles para la ida de la gran final de la …