A alcaldesa de Narón reúnese con persoal da directiva da asociación Mulleres Ártabras

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, reuníronse con Marga Carballo, Esperanza Vázquez e Sabela Docampo, presidenta, secretaria e vogal, respectivamente, da asociación de emprendedoras de Ferrolterra Mulleres Ártabras.

Dende o colectivo explicaron as accións que levarán a cabo ao longo deste ano, ofrecéndose dende o Consistorio posibles vías de colaboración nalgunha delas. Así mesmo, dende o Concello informóuselles das funcións da Escola de Participación Cidadá de Narón, plenamente operativa e dende a que poden acceder a asesoramento de balde en determinadas áreas no caso de que o estimen oportuno.

Ferreiro destacou o traballo de Mulleres Ártabras “un colectivo integrado por medio cento de mulleres que despois de moitos meses de traballo unía formalmente as súas forzas no ano 2023 para constituír a entidade, que está a piques de cumprir dous anos». A alcaldesa subliñou “o labor destas emprendedoras que souberon promover sinerxias entre os seus negocios e demostrar que nesta comarca hai futuro empresarial e nese futuro teñen moito que dicir as mulleres, en diversos sectores”.

Lea también

Odeón acoge el XXXIII Torneo Universitario Lóstrego de ajedrez

La Plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón será el escenario elegido un año más …