Cedeira convoca un “Concurso de carteis do 8M” con motivo do Día Int. da Muller

O Concello de Cedeira convoca este ano por primeira vez un «Concurso de carteis do 8M”, con motivo do Día Internacional da Muller, coa intención de sumar esforzos na loita pola igualdade real entre mulleres e homes e sensibilizar á cidadanía. O certame establece tres categorías, de crianzas, xuvenil e de persoas adultas, así como cadanseu premio de 200€, e o prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 25 de febreiro.

As persoas que queiran participar poderán presentar un máximo de dúas obras, con técnica libre e incluíndo un lema. As obrar terán como mínimo un tamaño A4 e poderán entregarse en soporte físico ou dixital, segundo establecen as bases que se poden consultar no taboleiro de anuncios da sede dixital do Concello de Cedeira.

A promoción da igualdade ten que ser a finalidade dos carteis, que poden abordar temas como a diferencia entre sexo e xénero, cuestionar os roles de xénero tradicionais, a importancia de compartir espazos de poder, de coidados, de lecer e de responsabilidades, a conciliación da vida familiar, profesional e persoal, etc.

A categoría de crianzas é para persoas nadas despois de 2013; a xuvenil é para mozos e mozas nadas entre 2013 e 2007, ambos os dous incluídos; e a de persoas adultas para as nadas antes de 2007. Unha comisión evaluadora, formada por tres persoas designadas pola concellería de Igualdade do Concello de Cedeira, elixirá as obras gañadoras tengo en conta a mensaxe e a súa orixinalidade, a creatividade e a calidade do deseño e o lema.

Lea también

Patrimonio custeará a nova escavación no castro do Sarridal de Cedeira

A Xunta comprometeuse a financiar con 36.000€ a vindeira campaña de escavación, máis custosa do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *