A deputada Soledad Agra reúnese coa vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC

A deputada de igualdade, lingua e dereitos civís, Soledad Agra, visitou o reitorado da UDC para reunirse coa vicerreitora de Igualdade e Diversidade Cristina López. Durante o encontro trataron a problemática actual da lingua galega e expuxeron iniciativas que se poderían desenvolver desde a #UDC sobre este asunto.

Así mesmo, a deputada puido coñecer de primeira man as accións que se están a desenvolver dende a Universidade da Coruña en materia de igualdade, para poder establecer novas vías de colaboración entre ambas as dúas institucións.

A área de igualdade da Deputación e a UDC xa contan cunha colaboración actualmente a través do convenio anual asinado en decembro do ano pasado polo que, cun importe de 35.000 euros, a entidade provincial financia varios proxectos pola igualdade da UDC. Entre eles, o programa Arrolarte —de coidados e autocoidados feministas—, outro de liderado con perspectiva feminista, varias propostas para a sensibilización de homes como aliados do feminismo, a instalación de ‘puntos violeta’ de información sobre a igualdade e contra a violencia machista, e unha guía para acollemento e acompañamento a vítimas.

Ademais, a Deputación está valorando a posibilidade de colaborar nun programa para promoción da lingua entre o alumnado. “A promoción da lingua e da igualdade de xénero, entre outras cuestións, é fundamental entre a mocidade e en espazos educativos, onde, en maior medida, se desenvolve a conciencia crítica. Por iso, dende a Deputación queremos apoiar estas iniciativas que desenvolve, neste caso, a UDC, con gran éxito”, sinalou a deputada.

Lea también

La Aemet desactiva este viernes todas las alertas por temporal en Galicia, todavía pendiente de algunos ríos

La Agencia Estatal de Meteorología levanta este viernes las alertas por temporal que todavía permanecían …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *