A plataforma Cemit en Narón ofrece cursos de Canva e Ferramentas dixitais

A Aula Cemit de Xuvia acolle un curso de Canva e outras utilidades e outro sobre Ferramentas dixitais para marketing e productividade. O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero, avanzou que o prazo de inscrición para estas dúas convocatorias, que se impartirán en ambos casos do 6 de marzo ao 12 de maio deste ano e con doce prazas cada unha, permanece aberto dende este luns 27. O curso de Canva e outras utilidades terá unha duración de 180 horas e desenvolverase en horario de mañá, de 9:30 a 13:30.

O alumnado abordará temas como que é Canva, a creación dunha conta, a interface, tipos de proxectos e formatos, fundamentos de deseño, exploración de ferramentas e funcións, aplicación para redes sociais, presentacións infografías e outros documentos, edición de vídeo e audio, ferramentas externas e recursos complementarios e prácticas e proxectos.

As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/49035.

Así mesmo, o curso de Ferramentas dixitais para marketing e productividade, tamén de 180 horas, levarase a cabo en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Neste caso os contidos serán sobre conceptos básicos de productividade e marketing dixital, productividade con ferramentas de google, marketing con ferrramentas de google, vendas: ferramentas de google e enfoque dixital, publicidade: introdución a google ads, YouTube studio e Tag manager e outras ferramentas.

As inscricións poden tramitarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/49036

Lea también

IV Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, presentou este luns 27 xunto con Samuel …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *