Fantástico balance da Selección Galega de Campo a través durante a disputa dos Campionatos de España desenvoltos ao longo desta fin de semana en Getafe.
O combinado galego voltaba do concello madrileño cun total de sete medallas, das cales dous foron de ouro, dúas de prata e tres de bronce, logrando de igual modo, un total de once postos de finalista.
Campionato de España Sub16 e Sub18
O primeiro dos grandes resultados non se fixo agardar xa que durante o sábado o combinado galego masculino Sub16 estivo a piques de lograr o podio do que quedaron separados por tan só dous escasos puntos. Malia elo sen lugar a dúbidas, a noticia foi o triunfo e o título de campión de España de Xoel Franco nunha proba moi disputada e na que o talento e calidade do atleta de Beade quedou manifesta sobre circuito do Parque Cerro de los Angeles. Ismael Rodríguez, foi outro dos destacados, ao lograr un posto de finalista na sétima posición.
Previamente a selección Galega Sub16 liderada por Carla Rioseco que remataba 13ª, lograba por equipos a 6ª posición nunha proba gañada pola selección valenciana.
Sen apenas tempo para celebrar a primeira medalla, tomaba a saída a Selección Galega Sub18 integrada polas irmáns Dameku e Debris Paniagua, Paula Fernández, Sabela Martínez, Eva Rouco e María Estévez. Nunha carreira de moito nivel, as galegas fixeron un excelente plantexamento táctico que lograba colocar a cinco atletas entre as vinte primeiras da clasificación xeral.
Ademáis, unha maxistral dosificación e optimización de recursos, daba como resultado que a nosa selección finalmenente copara o podio tanto no individual como no colectivo. Debris e Dameku Paniagua volvían dar todo un recital amosando a súa gran calidade que lles serviría para lograr a medalla de prata e bronce respectivamente no individual, contribuindo xunto ao posto de finalista de Paula Fernández e o resto de integrentes, a que a Seleccion galega Sub18 lograra o título de Campiona de España de maneira contundente.
Para rematar, a saída da selección masculina Sub18, gardaba a última medalla para o atletismo galego. E foi precisamente o plusmarquista e campión de España Alex Sierpes quen lograba un extraordinario subcampionato, sumando un novo e importante podio ao seu palmarés. Por equipos a selección lograba sumar un total de 84 puntos que lle daban a 5ª posición con Alejandro Santos, Mario Lorenzo e Luis Piña sumando para os galegos.
Campionato de España Absoluto, Sub23, Sub20 e Remudas mixto
Si todo esto sucedía o sábado, o domingo saltaban ao circuito os integrantes das Seleccións Absolutas, Sub23, Sub20 e Remudas mixtas nas que tamén houbo actuacións moi destacadas.
Entre elas, a máis salientable foi a actuación da internacional Sub20 Emma Méndez. A lucense sobre un circuito de 5.913 m. lograba unha xusta e merecida medalla de bronce que contribuía, xunto as sumas de Sandra González, Leyla Villar e Sara Guedes, a que por seleccións Galicia rematara na 4ª posición
Cunha expedición motivada e con fame de máis medallas, chegaba a actuación do combinado galego Sub20 masculino quen tivo que derimir unha dura carreira contra madrileños, extremeños e casteláns. Teo de Frutos foi o encargado de liderar ao equipo ca súa oitava posición que sumada a actuación de Iker Fernández (13º), Asheber Díaz (16º) Damian Suárez (30º) e Anxo Bello e Pepe Sánchez, recompensaba o gran esforzo ca medalla de bronce por equipos, sumando con ela a sétima medalla para os intereses galegos.
No resto, o máis salientable foron as sétimas posicións logradas polos equipos galegos Sub23 en ambas categorías nas que destacaron tanto Pedro Liste no posto 16º como Carmen Victoría González no 23º
A selección absoluta feminina tamén lograba posto de finalista en parte grazas a unha magnífica Laura Santos quen remataba na 7ª posición que a sitúan definitivamente na elite desta modalidade.
Un posto máis abaixo (9º) era o que colleitaba o combinado galego absoluto que tiña en David de la Fuente, no posto 22º, ao seu mellor home. Xa por último, 10º lugar para o equipo de remudas mixto integrado por Paula de la Torre, Fernando Vales, Pilar Rojo e Pedro Osorio.