O BNG de Ferrol reelixe a Roberto Montero como responsábel local

O  Bloque Nacionalista Galego de Ferrol vén de renovar o seu Consello Local reelixindo, por unanimidade, ao concelleiro Roberto Montero Castrillón como responsábel local, completando o proceso de renovación dos organismos da fronte enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG.

Roberto Montero encabezou a única candidatura presentada, na que figura como vice-responsábel  Andrea Martíns, profesora de profesión. Nesta lista tamén vai  o portavoz municipal, Iván Rivas, o deputado Mon Fernández, a responsábel comarcal, Pilar Lozano, a concelleira, María do Mar López, e militantes vencelladas a distintos sectores e entidades da cidade.

Roberto Montero sinalou que «Afrontamos este novo período con ilusión e coa intención de agrandar o proxecto do BNG en Ferrol co fin de que a alternativa do BNG sexa decisiva na cidade e poñer fin à inacción e políticas regresivas do Partido Popular de Rey Varela».

A asemblea local do Bloque valorou de forma moi positiva o traballo realizado dende a última renovación dos organismos nacionalistas en 2021. Destacou o papel chave da militancia nun período marcado por sucesivas citas electorais nas que o BNG foi medrando en apoios na cidade.

Montero indicou que o Bloque vai continuar traballando con forza e con e rigor, vai estar na rúa visitando todos os barrios e parroquias e pretende estabelecer un diálogo permanente co tecido asociativo para dar resposta as problemáticas da cidade,  poñendo no centro políticas ao servizo da veciñanza de Ferrol e colaborando co conxunto do BNG na defensa dos intereses do pobo galego.

O consello local está formado por un total de 21 persoas, ás que se sumará a persoa escollida pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. Roberto Montero pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal do BNG.

Novo Consello Local do BNG

1- Roberto Montero
2- Andrea Martíns
3- Pedro Fernández
4- Maria do Mar López
5- Iván Rivas
6- Pilar Lozano
7- Mon Fernández
8- Iolanda Gomis
9- Carlos Outeiro
10- Cristina Díaz
11- Xoán Xosé Lourenzo,
12- Pilar Paraxó
13- Ladislau Rodriguez
14- Ana Verez
15- Celso Posada
16- Tereixa Carballido
17- Xoán Padín
18- Xián López
19- Beatriz Férnandez
20- Xosé Manuel Muiño
21- Bruno Lopes

Lea también

Ferrol adjudica a Construdeco Norte las herramientas para su cuadrilla de obras

La Junta de Gobierno local  de Ferrol adjudicó a la empresa Construdeco Norte S.L el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *