A Deputación de A Coruña premia con 42.000€ as boas prácticas das entidades sociais

O BOP publica este venres 24 a convocatoria da IV edición dos premios cos que a Deputación recoñece o labor das entidades sociais. Entregaranse seis premios de 7.000 euros

A Deputación da Coruña convoca a IV edición do Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais, un galardón co que pretende recoñecer ás entidades que traballan no eido social e na protección dos colectivos máis vulnerables na provincia.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este venres a convocatoria desta nova edición do certame, que premiará o traballo realizado por entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, e das persoas que están detrás delas, a prol do benestar social das persoas con máis dificultades.

As bases establecen que as entidades que presenten os seus proxectos deberán desenvolver a súa actividade nalgunha destas áreas: familia, infancia e mocidade; persoas con diversidade funcional, persoas maiores, minorías étnicas e inmigración, drogodependencias e outros trastornos aditivos ou situación ou risco de exclusión social.

Queremos que estes premios sexan un recoñecemento a todas aquelas entidades e persoas que cada día contribúen a mellorar a vida das persoas máis desfavorecidas, que traballan para construír unha sociedade mellor”, afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

Lea también

Ferrol emerge como «plato fuerte» en la venta de aldeas abandonadas en Galicia

Los últimos datos del IGE recogen un total de 1.960 entidades singulares con «0» habitantes …