O punto informativo sobre a prevención do acoso escolar estivo operativo no acceso ao Concello de Narón

O punto informativo municipal sobre a prevención do acoso escolar permaneceu operativo na mañá deste xoves, entre as 11:00 e as 13:00 horas, no acceso ao Concello de Narón. Así o indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que se achegou ata o punto e recordou que xa estivo a disposición da cidadanía nas últimas semanas no Centro Comercial Odeón e no complexo polideportivo municipal da Gándara.

Entre os obxectivos deste servizo impulsado dende o Consistorio están a prevención do acoso escolar e a posta a disposición da cidadanía das ferramentas existentes para detectalo e combatilo. Con esta finalidade, persoal especializado na área encárgase de atendelo, asesorando ás persoas que se achegan a recibir información e tamén se lles ofrece a posibilidade de colaborar cubrindo unha enquisa para obter datos reais da situación na cidade.

As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1122) ou escribindo un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal.

Lea también

O BNG de Narón denuncia o mal estado da pérgola da praza do concello en Xuvia

Ademais, alertan da situación dos parques do concello e poñen o exemplo do Parque do Río …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *