A Deputación de A Coruña impulsa comercio e hostalaría de 37 municipios con 465.000€

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña financia con 465.152 euros as actividades de promoción económica impulsadas por asociacións empresariais, de comerciantes e hostalaría en 37 concellos coruñeses.

A institución provincial vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das subvencións para o financiamento de 37 programas e actividades, con axudas que oscilan entre os 3.000 e os 21.000 euros e que e buscan dinamizar o comercio e a hostalaría local, así como promover actividades de interese turístico e económico en toda a provincia.

Entre os beneficiarios destas axudas destacan asociacións de comerciantes de municipios como Ferrol, Arteixo, Santiago de Compostela, Carballo ou Betanzos, que desenvolverán campañas de dinamización, promoción e fidelización dos seus clientes. Ademais, tamén se inclúen eventos singulares como Exporpymes, organizado pola Cámára de Comercio da Coruña co obxectivo de promocionar os produtos galegos en máis de 20 países; a tradicional Festa do Viño de Ulla, que cada ano reúne a miles de persoas en San Miguel de Sarandón (Vedra), ou a feira de vehículos de ocasión Berocasión de Bergantiños.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, subliñou que estas subvencións “reforzan o noso compromiso co tecido económico local, cos pequenos empresarios e comerciantes, claves para xerar emprego, dinamizar os nosos núcleos urbanos e potenciar os produtos e servizos de calidade da provincia”.

Os proxectos subvencionados abranguen tamén accións como feiras de artesanía, seminarios e xornadas que fomentan a economía local. Estas iniciativas buscan non só mellorar a competitividade do comercio e a hostalaría, senón tamén promover o consumo de proximidade e a proxección de produtos galegos no mercado.

Ligazón ao BOP coa listaxe completa das axudas concedidas:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2025/01/17/2025_0000000249.html

Lea también

Turismo de A Diputación de A Coruña presenta en Fitur “A paisaxe que sabe”

La Diputación de A Coruña presentó en FITUR su nueva campaña de promoción turística ‘A …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *