Fene iniciou as obras de mellora do abastecemento en Tellerías

Esta actuación, considerada de “máxima prioridade”, contempla a substitución da rede actual por materiais máis eficientes e duradeiros. As obras, financiadas polo POS+ 2023, foron adxudicadas por 53.500 euros e estarán finalizadas en 3 meses.

O Concello de Fene continúa avanzando na mellora da súa rede de abastecemento, co inicio esta semana dos traballos en Tellerías. Unha actuación que contempla a substitución das actuais tubaxes de fibrocemento, que presentan un notábel deterioro, por conducións de polietileno de alta densidade, un material máis resistente eficiente que mellorará a calidade do subministro para as 18 vivendas da zona.

As actuacións inclúen a instalación das novas tubaxes, conexións coas redes municipais existentes, a creación de válvulas de paso para facilitar a xestión da rede e a reposición dos pavimentos afectados pola intervención. Durante o proceso, implementaranse medidas de seguridade específicas, minimizando o impacto no tráfico rodado, que será debidamente sinalizado.

O concelleiro de obras, Manuel Polo, indicou que esta obra foi considerada “de máxima prioridade” no ‘Estudo para a mellora da rede de abastecemento municipal’ realizado polo goberno local no verán do ano pasado. “Unha actuación necesaria para modernizar as nosas infraestruturas e ofrecer un servizo básico en ópticas condicións”, indicou Polo, quen tamén destacou a elección de materiais máis modernos e duradeiros, respondendo a unha aposta pola eficiencia e a sustentabilidade. “Esta actuación permitirá evitar perdas de augas e garantir unha rede de abastecemento máis fiábel e adaptada ás necesidades actuais”, concluíu.

Esta actuación forma parte dunha estratexia máis ampla do Concello de Fene para avanzar na mellora dos 7.746 metros da rede de abastecemento nos que é preciso actuar de forma prioritaria. De feito, en paralo ás obras en Tellerías, está en marcha outra actuación similar na rúa Travesa e Camiño do Inferniño, iniciada a semana pasada. “Son investimentos custosos, pero imprescindíbeis para avanzar na modernización dunha rede que ten unha idade media de corenta anos”, sinalou o goberno local.

As obras de mellora da rede de saneamento en Tellerías foron adxudicadas por 53.500 euros, que serán financiados a través do Programa POS+2023 da Deputación da Coruña. Estarán rematadas nun prazo non superior aos tres meses.

Lea también

Valdoviño acoge una nueva edición del Programa Integrado de Empleo

El Centro Sociocomunitario de Valdoviño se vuelve a convertir en uno de los espacios formativos …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *