Gran campionato de cros en A Pobra do Caramiñal

Máis dun milleiro de atletas procedentes de todos os recunchos da Comunidade Galega déronse cita o domingo 19 en A Pobra do Caramiñal para tomar parte no Campionato Xunta de Galicia de campo a través para as categorías máster a para as Sub10, Sub 12 e Sub14 organizado en colaboración co Concello de A Pobra e a A.D. do Barbanza.

Fuente Federación Galega de Atletismo

A choiva, a protagonista

Malia que a xornada daba comezo cun tempo máis ou menos contido, ao longo da mañán a choiva converteuse na protagonista dunha edición que malia elo desenvolveuse baixo un gran ambente competitivo.

Os primeiros en dar comezo o seu campionato foron os atletas da categoría máster que desde as 10:30 e ata as 12:00 horas foron desenvolvendo as súas distintas probas sobre unha distancia común de 5.300 m. e cuxos gañadores tanto no individual como na de por equipos, foron os seguintes:

  • Máster 35. Elisa Boullosa (SD Compostela) e Antonio Teijido (Ría de Foz)
  • Máster 40. Sofía Freaza (Comesaña) e Estéban Díaz (At. Narón)
  • Máster 45. Ana Soutullo (Ourense At.) e Daniel Barguiela (Bikila)
  • Máster 50. Raquel Ramos (Olimpia) e Juan Antonio Gude (Lucus)
  • Máster 55. Sole Castro (Comesaña) e José Nercellas (ADAS CUPA)
  • Máster 60. Jose Fina Pardo (Millaraio) e José Suárez (SD Compostela)
  • Máster 65. Carmen Rodríguez (SD Compostela) e Manuel Suárez (Vet. Samil)
  • Máster 70. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) Xose Lois Otero (C.A.Santiago)
  • Máster 75. Roberto Rey (Vet. Samil)
  • Máster 80. Julio César Cer (At.+9 Moraña)

Clasificacion feminina por equipos

  • Máster 35-44 femenino: 1º C.A. Sada2º C.D.Pinarium3º At. Arenteiro
  • Máster 45-59 femenino: 1º At. Samertolmeu2º A.D. Olimpia3º At. Noia

Clasificacion Masculina por equipos

  • Máster 35-40 masculino: 1º At. Arenteiro2º C.A.Sada3º Entrenarunning
  • Máster 45-59 masculino: 1º Lucus Caixa Rural2º C.A. Sar3º C.D. Pinarium
  • Máster máis de 60 masculino: 1º S.D. Compostela2º Vet. de Samil/3º C.A. Sar

Memorial Alejandro Lorenzo

De igual modo e de seguido, desde as 12:30 ata as 14:00 h. discurrían as distintas carreiras do Memorial Alejandro Lorenzo, para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 na que compre salientar a gran actitude de pais e acompañantes aguantando ao longo de toda a mañá a intensa choiva que caía sobre o circuito da praia de Cabio.

A primeira proba do campionato foi a da categoría Sub10 sobre unha distancia de 1050 m. que daba o triunfo tanto a Gabriela López do At.Trega en mulleres como a Nico Camino do C.D. Pinarium en homes.

No resto de categorías, o triunfo individual nos Sub12 foi para Lía Geralavicius da Gimnástica de Pontevedra e para Luca Villar da Atlética Lucense. Precisamente a este último club pertencía a gañadora Sub14 Lía Núñez quen estivo acompañada no podio polo gañador masculino Xabier Rodil do Ría de Foz.

Por clubs, o protagonista foi a Atlética Lucense quen estivo en todos os podios do campionato logrando os títulos nas categorías Sub10 e Sub14 feminina. Xunto ás lucenses, bo campionato tamén para o Atletismo Narón quen sumaba os títulos masculinos Sub12 e Sub14. O Millaraio na Sub10 masculina e o C.S.C.R. Beade na Sub12 feminina, lograban o resto de títulos en xogo por equipos.

Lea también

Presencia de la cantera racinguista en el Campeonato Gallego

Dieciséis futbolistas de la cantera del Racing de Ferrol compitieron con las selecciones comarcales. Varios …