O Pazo da Cultura de Narón acolle unha xornada formativa do Club de Debate Alingua

O Pazo da Cultura de Narón acolleu este mércores 15 unha xornada de formación do Club de Debate Alingua, un proxecto de dinamización lingüística que ten entre os seus obxectivos, entre outros, incrementar o uso oral do galego, tal e como indicou a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo.

A edil naronesa explicou que acudiron á convocatoria alumnos do IES As Telleiras e do CPI Santiago Apóstol de Narón; dos IES Saturnino Montojo, Concepción Arenal e Canido, de Ferrol; do IES Breamo, de Pontedeume, e do IES Alfredo Brañas, de Carballo.

A iniciativa diríxese a alumnado de terceiro e cuarto curso da ESO e de primeiro de bacharelato dos centros de ensino dos concellos participantes e iniciouse esta semana con tres xornadas de formación en habilidades e oratoria realizadas, ademais da de hoxe en Narón, nos concellos de Pontevedra e Rois.

Os servizos de normalización lingüística destas tres localidades, a maiores dos de Ames, Carballo, Ferrol, Pontedeume, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra, Vilagarcía de Arousa e Ribeira impulsan esta convocatoria. Durante a mesma, as persoas participantes tiveron tamén a oportunidade, tal e como indicou a edil naronesa, de aprender técnicas para mellorar a comunicación oral e coñecer a importancia da comunicación non verbal.

Ao mesmo tempo, recibiron algúns consellos para empregar nos debates e o tema que terán que defender e refutar na fase clasificatoria que terá lugar a finais do vindeiro mes de febreiro: “A masificación turística é un problema en Galicia”. Promover a reflexión, o pensamento crítico e o intercambio de opinións entre a mocidade figuran tamén entre os obxectivos deste proxecto.

Lea también

Grandes resultados de la AD Náutico de Narón en el cto gallego de duatlón cros

  Grandes resultados para los participantes del Náutico de Narón en el campeonato gallego de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *