O día 25 de xaneiro ás 16:00 horas presentaráse “Unha viaxe ao interior do Xeoparque Cabo Ortegal”, buscando achegar á xeoloxía única e de relevancia internacional deste territorio a todos os públicos.
Por segundo ano consecutivo, xunto a rede de Xeoparques Mundiais da UNESCO en España, contarase con un stand propio, grazas á colaboración da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo).
O mércores 22 darán comezo os actos e presentacións nesta nova edición de FITUR, contando un ano máis o Xeoparque Cabo Ortegal cun espazo propio no stand de Geoparques España.
O stand onde se ofrecerá información, tanto a profesionais do sector turístico entre o mércores e o venres, como ó público xeral durante a fin de semana, estará situado no pavillón 7, en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID) e a propia asociación de Geoparques de España.
A cita para a apertura oficial do stand é o próximo 25 de xaneiro ás 14:00, na que participarán Santiago Sierra, presidente do Comité Nacional Español de Geoparques; Emmaline Rosado, coordinadora da Red de Geoparques de América Latina e o Caribe (GeoLac); Nikolas Zouros, presidente da Red Mundial de Geoparques (GGN); e Karmah Salman, coordinadora da Red Española de Geoparques Mundiales (REGM).
Asistirán as delegación formadas por representantes políticos e técnicos dos 17 Xeoparques españois, ademais de un xeoparque aspirante.
En este espazo, os Xeoparques realizarán presentacións dos seus destinos e productos turísticos e darán a coñecer as últimas novidades que permiten exploralos en profundidade e que está a transformalos en destinos cada vez mais atractivos e accesibles. Tamén se presentará a 11a Conferencia Internacional de Geoparques Mundiales UNESCO que se celebrará en setembro do 2025 no Geoparque Kütralkura de Chile.
O 25 ás 16:00 horas será cando teña lugar a presentación do novo material audiovisual do Xeoparque Cabo Ortegal, editado grazas a financiación da área de Turismo da Deputación da Coruña, achegando así a toda a poboación de forma didáctica e sinxela o relevante patrimonio xeolóxico e turístico do Xeoparque.
Estes recursos poñen en valor a historia do territorio ligada á súa peculiar xeoloxía, a cal mudou ó longo dos anos, xunto as distintas poboacións que nel se asentaron e deron vida o que hoxe é o Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal.
Ademais, no stand de Geoparques de España terán lugar ó longo de toda a semana diversas presentacións e degustacións de produtos locais de varios territorios, incluído Cabo Ortegal. O programa completo pódese consultar en www.geoparques.es.
Como novidade, unha das actividades destacadas do stand de Xeoparques será o sorteo dunha experiencia turística nun dos Xeoparques españois. O concurso estará aberto a todas e todos os visitantes que durante os días 25 e 26 de xaneiro visiten este espazo e queran participar. O premio consistirá nunha experiencia turística para dúas persoas que incluirá dúas noites de aloxamento, unha actividade e unha degustación de produtos típicos.