Éxito da iniciativa de As Somozas para visitar a iluminación de Nadal de Vigo

A iniciativa do Concello das Somozas con máis éxito deste Nadal foi a posta en marcha de dous autobuses, totalmente de balde, para que a veciñanza que o desexara puidera visitar o alumeado de Nadal da cidade de Vigo.

Os transportes saíron ao mediodía do día 28 de decembro e regresaron ás Somozas sobre as 22:30 horas do mesmo día. A veciñanza participante puido pasar unha completa xornada na cidade olívica e desfrutou da súa famosa iluminación nestas datas.

“Sempre apostamos por iniciativas como esta, que ofrecen unha oportunidade única para compartir unha xornada moi especial en familia ou con amigos, desfrutando dunha das atraccións de Nadal máis populares de Galicia. Estamos moi contentos e orgullosos do gran recibimento e do éxito acadado con esta actividade”, destacou o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Lea también

A Diputación provincial de A Coruña colaboró a lo largo del 2024 con los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Valdoviño

La subvención provincial permitió ofrecer 3.604 horas del servicio de ayuda a domicilio y costear …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *