LINA_ presenta o seu último traballo discográfico inspirado na poesía de Camões: “Fado Camões”, no Auditorio Municipal Cine Alovi, o 31 de xaneiro, ás 20:30 horas.
Este álbum foi editado a nivel global en xaneiro de 2024 pola editora alemá Galileo Music e UGURU e continúa a conquistar recoñecemento internacional: Best European Record 2023/24 e #3 no TOP 100 Álbums da Transglobal World Music Chart.
LINA_, neste traballo, atópase acompañada do produtor e músico británico Justin Adams, nun disco acaba por ser moi persoal, tendo como base a lírica de Camões, con fados tradicionais e tamén algúns da autoría da propia cantante.
Segundo ela, a idea comezou a tomar forma despois de se interesar sobre a vida de Amália Rodrigues, cantante de fados e actriz portugues cuxo poeta máis admirado era Camões. “Fiquei curiosa, quixen coñecer máis, alén dos ‘Lusiadas’ ou dos ‘Sonetos’, e fun descubrindo que as temáticas de Camões: a mudanza, a infancia, o amor, o desamor ou a descrición da natureza podíanse adaptar ao fado e ás súas métricas”.
‘Fado Camões’ é unha composición única baseada na poesía clásica do máis célebre poeta histórico de Portugal, Luís Vaz de Camões. Unha vez máis, LINA_, prosegue a súa visión de reinventar a música soul portuguesa que a UNESCO clasificou como Patrimonio Cultural Imaterial da Humanidade, propoñendo de novo unha perspectiva innovadora.
A pre-produción, pola man de LINA_ coa axuda preciosa de Amélia Muge, definiu o camiño para a produción coidada de “Fado Camões”, que quedou a cargo dun dos principais produtores musicais do Reino Unido, Justin Adams, xuntamente coas requintadas interpretacións vocais de LINA_ que elevaron “Fado Camões” ao máis alto.
No estudio, á guitarra de Pedro Viana, mestre da guitarra portuguesa que mantén a conexión ao universo do fado, xúntase o piano, teclados e arranxos excepcionais de John Baggott, músico e compositor que xa traballou con Massive Attack e Portishead. No piano acústico e sintetizadores, lanina Khmelik, cuxo talento garantiulle lugar no contemporáneo Remix Ensemble da Casa da Música coa Orquestra Sinfónica do Porto. Cabe destacar tamén a participación especial do “axitador folclórico” Rodrigo Cuevas no tema “O que temo e o que desexo”.
SOBRE LINA_
A súa infancia en Trás-os-Montes (nordeste de Portugal) estivo guiada polas mans curtidas dos seus pais, que traballaban no campo. O seu pai era pastor e ensinoulle os fados de Amália e as cancións populares da época. Cando foi estudar ao Porto, aos 10 anos, tamén levou consigo o amor polas cancións e converteuse en solista do coro do Círculo Portuense de Ópera.
Despois de participar en varias óperas, estudou coa profesora Palmira Troufa, quen, en todas as clases de canto do Conservatorio de Música do Porto, lle dicía que a música lírica non era para cantala cos ollos pechados, que esas eran cousas para o fado.
A primeira vez que se atreveu a cantar en público os tres únicos fados que coñecía entón, cando rematou de cantar, pedíronlle que os volvese a cantar. Tal vez ese foi o momento que a levou onde está agora.
En Lisboa, o Clube de Fado foi o piar da súa traxectoria, onde segue cantando regularmente. Gravou dous discos co nome de “Carolina” porque querían cambiarlle o nome, pero o seu verdadeiro nome volve abrazar a súa traxectoria no lanzamento do disco con Raül Refree (LINA_Raül Refree, 2020) onde as texturas e os sons da música electrónica son o eixo central deste proxecto, aderezando os grandes fados clásicos de Amália.
Agora, Luís de Camões é o seu novo desafío, unha idea que xurdiu hai algún tempo e que inicialmente parecía inconcibible. Con todo, coa súa teimosía e co apoio crucial e a axuda de Amélia Muge, acaba de nacer o álbum «Fado Camões». Celebremos Camões. celebremos o Fado, celebremos este álbum, Fado Camões, guiados pola voz de LINA_.