O Concello de Ames acolle a I Gala do Trail Running Galego

O Concello de Ames acolle este venres na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 20:00 horas, a celebración da primeira edición da Gala do Trail Running Galego, cuxo principal obxectivo será o de recoñecer o traballo e os méritos dos deportistas nas distintas especialidades do T.R. ao longo do ano 2024.

O Responsable do sector, Iván Sangiao, ven traballando intensamente durante as últimas semanas para que non falte de nada nesta gran cita que se caracteriza por ser a modalidade de moda no atletismo galego que máis medre está experimentando e que para este 2025, contará con importantes novidades.

Premios e distincións

Durante esta celebración, premiarase ás tres primeiras clasificadas e clasificados nas distancias máis competitivas do Trail Running nas súas modalidades de vertical,  classic e maratón, así como nas categorías individuais da modalidades classic.

De igual modo a gala quere amosar os éxitos logrados tanto no individual como no colectivo acontecidos a nivel de Selección galega e Selección española na que por vez primeira atletas galegos e galegas, foron seleccionados para competir logrando excelentes resultados tanto na categoría Sub18 como nas categorias máster.

Desde a Federación Galega tamén quérese recoñer a complexidade da organización deste tipo de probas, polo que haberá un apartado no que se distinga á organización do mellor evento así como premios especiais para a mellor organización a nivel medio ambiente, información, percorrido, ou seguridade, por citar algúns.

Presentacións

A celebración deste acto, ademáis de para premiar os méritos deportivos e organizativos, servirá para a presentación dos distintos eventos e novidades de cara ao primeiro treito deste ano 2025.

 
 
 

Lea también

El martes se ponen a la venta las entradas para la visita del Racing de Ferrol al Sardinero

La venta arrancará de forma preferente para abonados; Si todavía quedan entradas a la venta, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *