O BNG de Narón reclama melloras no Camiño do Lodairo

O BNG de Narón reclama melloras no Camiño do Lodairo, pertencente a unha zona do rural que se ve prexudicada desde que o centro de saúde está localizado ao seu carón.

O Camiño do Lodairo pertence a unha zona rural de Narón localizada a continuación do novo centro de saúde. Desde que este entrou en funcionamento este camiño ten moito tránsito de vehículos o que pon en perigo a tranquilidade das veciñas e veciños que viven no mesmo e dos viandantes, xa que é un camiño estreito e sen beirarrúas.

«Desde o BNG reclamamos ao goberno municipal que se arranxe este camiño ancheándoo para que se poidan cruzar dous coches e non teñan que saírse da estrada para poder deixar pasar ao que ven de fronte, construíndo beirarrúas polo menos nun dos laterais do camiño para a seguridade dos peóns, e colocando pasos elevados para que os coches que circulen polo camiño se vexan na obriga de reducir a velocidade», declara o BNG de Narón nun comuniucado.

Lea también

En San Xiao de Narón celebraron el patrón con misa y chocolatada

Los más antiguos de Xan Xiao de Narón recuerdan los buenos tiempos en los que …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *