A ilusión da chegada dos Reis Magos encheu en Moeche a nave do Mercado

Unha das primeiras paradas na comarca dos Reis Magos de Oriente foi o venres 3 de xaneiro na nave do mercado en Moeche, que unha vez máis acolleu numeroso público desexoso de recibir os Magos de Oriente.

Mentres os Reis non chegaban, a rapazada puido gozar da festa organizada polo Concello, con obradoiros e inchables e un saboroso chocolate con churros, que elaborou a A.VV Labacengos co leite que nos agasallou Gandería Lavandeira, de Labacengos, e que axudou a servir a Anpa do CEIP San Ramón.

Logo de visitar a Casa do Concello, as Súas Maxestades foron á nave do Mercado repartir larpeiradas e escoitar a rapazada. A ilusión dos nenos encheu a nave e os Reis dedicáronlle tempo e agarimo a cada neno que quixo achegarse.

Lea también

El taller de primeros auxilios en la infancia celebrado en Neda goza de excelente acogida

Excelente acogida brindada por el vecindario al taller de primeros auxilios en la infancia, promovido …