Pontedeume prepárase para acoller a tradicional Cabalgata de Reis

O Concello de Pontedeume celebra este 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis, que dará comezo ás 18:00 horas desde a estación do Ferrocarril.

As súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, percorrerán as principais rúas da vila ata chegar ao mercado municipal, onde terá lugar a recepción oficial. Durante este acto, todos os nenos poderán saudar aos Reis, entregarlles as súas cartas e compartir con eles os seus desexos.

Este plan establecido mantense polo momento sen cambios, aínda que o Concello estará atento á evolución das condicións meteorolóxicas e informará á cidadanía a través dos seus canais oficiais en caso de modificacións no evento.

Ademais, co fin de garantir o correcto desenvolvemento da Cabalgata, establécense restricións de estacionamento en diversas zonas da vila: no Camino Estreito, na rúa Ricardo Sánchez e no frontal da Praza do Mercado, onde se prohibirá o aparcamento por ambos lados.

Previamente á cabalgata, ao longo da mañá dende ás 10:00, os Reis Magos visitarán as diferentes asociacións veciñais do municipio, chegando ás 16:30 á residencia de maiores Nosa Señora das Virtudes e ás 17:00 ao centro de día Lar do Eume.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …