O I Concurso de Decoración de Nadal de Fene, ten gañadoras

Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de “recoñecer as mellores propostas de decoración exterior entre os veciños do municipio”.

Lorena Breijo

Catorce foron as propostas na modalidade de vivenda unifamiliar e 8 na modalidade de fachadas, balcóns e xanelas. O xurado, integrado pola concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, a de Seguridade e Participación Veciñal, Sandra Permuy, e a responsable do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity, Laura Bouza, acordou conceder os seguintes premios:

Lorena Breijo

Na modalidade de vivendas unifamiliares, o premio consistente nunha cesta de produtos gourmet cortesía de Bodegas Barral, foi para Lorena Breijo González, pola decoración da súa vivenda ubicada en camiño Abeleira, 1, A Pomba, Barallobre.

Na modalidade de fachadas, balcóns e ventás, o premio consistente nunha cesta de produtos cortesía de Eroski Center, foi para María Celia López Rodríguez, residente en avda. de Tarrío, 36, Perlío.

María Celia López
María Celia López
María Celia López

O xurado visitou as decoracións durante a noite e seleccionou as propostas gañadoras nas dúas modalidades atendendo á súa creatividade e orixinalidade, iluminación, uso de materiais de reciclaxe (refugallos), composición baseada na tradición popular e a súa visibilidade dende o exterior.

Segundo a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, “a elección foi difícil, notábase un traballo de fondo que dende o Concello agradecemos moito. E o espírito do Nadal reflectiuse nas nosas rúas, creando espazos fermosos e cheos de luz que engalanaron o municipio”.

Lorena Breijo
 
Lorena Breijo
Lorena Breijo

Lea también

El GES de Mugardos auxilia a un vecino de Fene que no podía levantarse tras desvanecerse en su domicilio

El GES de Mugardos avisa de la necesidad de que el 061 asista en los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *