Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este luns e martes, días 30 e 31 de decembro, en Narón. O vehículo estará operativo estas dúas xornadas en horario de mañá e tarde, dende as 9:30 ata as 14:30 e de 15:30 a 21:00 nas inmediacións do novo centro de saúde.
Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. A maiores, terán que identificarse coa tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.
Para recibir máis información pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.