Establecemento e fixación en Narón do prezo público do servizo de madrugadores

O salón de plenos do Concello de Narón acolleu na mañá deste xoves 26 o último pleno deste ano. Na sesión aprobouse por unanimidade o establecemento e a fixación do prezo público pola prestación do servizo de madrugadores nos centros públicos de infantil e primaria do Concello.
 
 
No mesmo establécense as contías para os usuarios fixos e tamén os esporádicos con 38,72 euros ao mes ou 3,50 euros diarios, respectivamente. Os de carácter fixo poderán acollerse á aplicación das reducións de prezos no caso de cumprir os requisitos establecidos, en función do umbral de renda, e que alcanzan ata o 100% nos casos de persoas obrigadas ao pago incluídas no programa de educación familiar con informe de vulnerabilidade e tamén de familias numerosas de categoría especial, alumnado con discapacidade recoñecida mínima do 33% ou superior, segundos fillos de familias monoparentais, e familias vítimas de violencia de xénero.
 
Na convocatoria saíu tamén adiante por unanimidade a participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal POS+ adicional da Deputación da Coruña. A achega a recibir por parte da administración local é de 173.082,01 euros para gastos sociais extraordinarios.
 
No apartado de mocións aprobáronse por unanimidade a presentada polo BNG para instalar puntos de servizo para autocaravanas; unha do PP sobre a seguridade viaria nos camiños de Bodillón e da Poceta (San Xiao) e a aprobación do convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para manter o programa Xantar na Casa, cun gasto plurianual que, entre o ano 2025 e o 2029 ascende a 146.000 euros.
 
A maiores, saíu adiante unha moción do PSOE para a creación inmediata dunha Unidade de rehabilitación cardíaca na Área Sanitaria de Ferrol, outra do BNG relativa á situación do idioma propio da Galiza e á adopción de medidas para a súa normalización e unha do PP sobre o apoio ao Pacto pola Lingua. Finalmente, aprobouse unha moción do PSOE sobre transparencia municipal.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en el II Trofeo Nadal

Este sábado pasado en Corme el II Trofeo Nadal para categorías hasta sub18. Esta competición, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *