Venres 27 de decembro de 2024
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello de Narón
O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). As nenas e nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.
Actividade: Tardes Xuvenís Hora: De 17:30 a 20:30 Lugar: Casa da Mocidade (A Gándara)
O Concello organiza este programa dirixido a menores de 12 a 16 anos e con varias propostas de lecer, algúns deles obradoiros que requiren inscrición previa. As actividades son de balde.
Actividade: Concerto de Fin de Ano Hora: 19:30 Lugar: Pazo da Cultura
A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil da Agrupación Cultural Musical Sementeira protagonizarán un ano máis este concerto de Fin de Ano. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura a un prezo de 2,50 euros.
Sábado 28 de decembro de 2024
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello
O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). As nenas e nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.
Actividade: Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
“Axúdame a sentir” é a proposta de música folk para este sábado no Pazo da Cultura. Un concerto de algo máis dunha hora de duración e cuxas entradas se poden adquirir no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura.
Domingo 29 de decembro de 2024
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello
O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). As nenas e nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.
Luns 30 de decembro de 2024
Actividade: Navitrén Hora: Saídas ás 12:00; 13:00; 16:00; 17:00; 18:00; 19:00 e 20:00 horas das inmediacións do Concello
O Navitrén percorrerá de novo as rúas da cidade, con viaxes cara a Xuvia e tamén ata a Gándara (en función do horario). Os nenos poden obter de balde os tickets ao realizar as súas compras nos establecementos da Asociación de Comerciantes de Narón.