Un alumno do Campus de Ferrol gaña o I Festival Novo Enfoque categoría videoxogos

Gael Alberto Quintela (Vigo-1999), alumno do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de acadar o primeiro galardón no Festival Novo Enfoque, na categoría de Videoxogos, que promove o alumnado e o estudantado egresado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC), con Maestosia, un videoxogo no que experimenta coa música e o son como mecánicas xogables, abordando a saúde mental como tema principal.

Esta non é a primeira vez que este estudante do Campus Industrial de Ferrol obtén un premio por este título. O pasado mes de novembro, este mozo, graduado en Música, fíxose tamén co primeiro galardón nos Premios Xuventude Crea 2024, na categoría de Creación de Videoxogos, que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión, obtivo un diploma acreditativo e un cheque por valor de 2.000 euros.

O xurado do I Festival Novo Enfoque, integrado por recoñecidos profesionais da industria do cine e do eido da creación en Galicia, recoñeceu tamén, na categoría de Videoxogos, o traballo realizado pola produtora Emergency Meeting Studios co título Speels&Spices. Detrás deste xogo están un grupo de estudantes do grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos, titulación que se imparte na Facultade de Ciencias da Comunicación, no Campus da Coruña, quen obtiveron a Mención por Deseño Global cun título protagonizado por Soso, Vainilla, Percebe e outros moitos chefs con poderes especiais.

O Festival Novo Enfoque entregou tamén outros galardóns nas categorías de Imaxe Real e de Animación, así como unha Mención Especial do Festival FacomFest e un premio outorgado polo público.

Lea también

Ferrol oferta 110 plazas para campamentos infantiles de Semana Santa

La concejala de Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que su departamento organiza, como en años anteriores, …