Éxito de público no recinto feiral do Trece con motivo do XIV Mercado de segunda man

Numerosas persoas achegáronse esta ao recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, para asistir á décimo cuarta edición do Mercado de segunda man organizado polo Concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Feiras e Mercados, Mar Gómez, e Medio Ambiente, Manuel Ramos, visitaron tamén o evento, no que se sortearon varios agasallos entre a clientela dos diferentes postos.

No recinto habiliráronse un total de setenta postos, nos que se podía adquirir unha gran variedade de produtos e artículos de segunda man: roupa, calzado, libros, bisutería, pezas de cerámica, decoración en cristal e metal, xoguetes… e tamén había postos solidarios, como o da Asociación Sociocultural ASCM, o de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e a Asociación Cometa.

Ás 10:30 horas abriu as súas portas a feira, que continúa ata o mediodía e volverá a abrir esta tarde, de 16:00 a 19:00 horas, con entrada de balde. “Esta feira é unha das citas obrigadas cada mes de decembro na nos acidade, tendo unha moi boa acollida non só entre a veciñanza que se achega de Narón e doutros concellos, senón tamén por parte das persoas interesadas en instalar os seus postos de venda”, apuntou a rexedora local. Ao respecto, Ferreiro recordou que do total dos postos, preto de medio centenar son de veciños de Narón e o resto, maioritariamente, de localidades da comarca.

“Esta feira representa unha moi boa oportunidade para dar unha segunda vida a aqueles artículos que xa non se utilizan e que están en boas condicións, ofrecendo dende o Concello un espazo, neste caso a feira do Trece, que sirva como escaparate para poder vendelos a outras persoas e promover deste xeito un consumo circular, responsable e sostible”, apuntou.

Lea también

Narón solicita á conselleira de Vivenda melloras en infraestructuras e vivendas públicas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, mantivo este venres 20 no Concello unha reunión coa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *