A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Sedes organizan unha nova edición dos seus afamados Cantos de Nadal

Foto de archivo-Edición 2023

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! de Sedes organizan para o vindeiro domingo 22 de decembro unha nova edición dos seus xa afamados “Cantos de Nadal” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural e que leva celebrando dende o ano 2015.

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 18:00 horas cun obradoiro de Cantos de Nadal, onde os asistentes poderán coñecer os diferentes tipos de cantos de nadal e escoitar como o facían os nosos maiores e practicalos por medio da aprendizaxe de 5 cantos de nadal da nosa tradición.

Foto de archivo-Edición 2023

Entorno ás 19:00 horas se fará unha pausa para «quencer o corpo» con chocolate e bola para así, sobre as 19:30 voltar a cantar. Como broche final da festa, haberá unha foliada; Está actividade é apta para todos os públicos e moi recomendable para as familias.

A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …