A Deputación pon en marcha o III Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina

O deputado de Deportes, Antonio Leira, asiste este sábado 21 no polideportivo municipal de Cedeira á primeira sesión do Seminario Intensivo de Defensa Persoal Feminina 2025, organizado pola Sección de Deportes da Deputación da Coruña por terceira ocasión, e que pasará por oito concellos da provincia nos vindeiros meses.

Estes seminarios están dirixidos a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e 70 anos, e empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña. Os talleres serán de balde e terán unha duración de tres horas, cun máximo de 80 participantes por sesión.

Despois da sesión en Cedeira desta fin de semana, o seminario continuará o 18 de xaneiro en Ordes, para continuar o 8 de febreiro, en Valdoviño, e o 22 de febreiro, en Negreira. Xa en marzo, haberá sesións os días 8, 15 e 22, na Pobra do Caramiñal, Cerceda e Arzúa. O último taller do ciclo terá lugar o 12 de abril, en Outes.

As solicitudes de participación realizaranse, nos prazos sinalados, nos propios concellos de realización do seminario, ou ben a través dos diferentes formularios de inscrición, dispoñibles en https://www.dacoruna.gal/deportes/seminario-intensivo-defensa-persoal-femenina/.

Lea también

El Gobierno afirma que las futuras instalaciones de SAIC «son perfectamente compatibles» con desarrollo de eólica marina

El Gobierno asegura que las futuras instalaciones en Galicia del gigante chino SAIC «son perfectamente …