Todo a punto para que este sábado 21 a instalación cuberta de Expourense reciba a gran festa do atletismo base da man do XII Trofeo ABANCA que como todos os anos, despedirá polo máis alto practicamente este 2024.
Un total de 17 equipos clasificados por estadillo e máis de 700 participantes das categorías Sub10-Sub12 e Sub14 serán os que tomen parte nesta nova edición que por volume e cantidade, pasa por ser unha das máis numerosas do calendario oficial de probas da Federación Galega.
Entre a relación de equipos participantes destaca a presenza do Club ADAS CUPA, o C.D. La PurÍsima, Sociedad Gimnástica de Pontevedra e C. Atletismo Narón que consiguiron clasificar a un total de cinco equipos dos seis posibles.
Un circuito consolidado e referente
O circuito de pista curta ABANCA arrincaba no ano 2012 disputándose en modalidade individual, que daba paso xa no 2014, ao formato por clubs que coñecemos na actualidade.
Durante todos estes anos tan só na edición do ano 2020 deixábase de disputar pola pandemia, sendo o Club Atletismo Vila de Cangas o conxunto que máis títulos acumula cun total de once. ADAS CUPA con nove e Ourense Atletismo con oito, siguen aos cangueses no ranking por equipos.
Aprendizaxe e experiencias
Malia que haberá trofeos para os tres primeiros clubs de cada categoría, a base fundamental do Trofeo ABANCA é a de facer que a canteira do noso atletismo disfrute dunha experiencia deportiva na que motivación, aprendizaxe, deportividade e competición estén presentes ao longo de toda a xornada.
O trofeo disputarase en dobre xornada dando comezo desde as 10:30 ata as 14:10 horas para as categorías Sub10 e Sub12. Pola tarde poderemos presenciar as actuacións das Sub14 quenes estarán en pista desde as 16:30 ata as 20:00 horas.