A Escola de Participación Cidadá retoma a súa actividade dende a Casa da Cultura

A Escola de Participación Cidadá retoma a súa actividade na Casa da Cultura de Narón. Así o indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que explicou que o primeiro e o terceiro xoves de cada mes estarán nas citadas instalacións atendendo ao público, no primeiro caso de 10:00 a 14:00 horas e no segundo polas tardes, de 16:00 a 20:00 horas.

O resto dos días poden desprazarse aos locais sociais da cidade, axendando previamente citas, o que se pode tramitar a través do enlace: i.gal/EPC_cita, cubrindo o formulario dispoñible, ou tamén contactando por teléfono, chamando ou escribindo un Whatshapp ao número 603 865 413. Outra vía para contactar co persoal é a través do correo: escolaparticipacion@naron.gal.

A Escola de Participación é o programa do Concello de Narón para fomentar a participación activa da cidadanía e as entidades, que ofrece asesoramento, formación, asembleas e consellos territoriais, espazos de participación escolar para a mocidade e propostas de dinamización comunitaria, entre outras.

Lea también

Axenda en Narón do 19 ao 23 de decembro de 2024

Xoves 19 de decembro de 2024 Actividade: El Cascanueces Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *