O programa Nadal en Narón inclúe propostas musicais, deportivas e de lecer

O programa Nadal en Narón presentado este xoves 12 no Concello contempla unha gran variedade de propostas, para persoas de todas as idades, que se desenvolverán dende o día 19 deste mes ata o 5 de xaneiro. O alcalde accidental de Narón, Manuel Ramos, deu a coñecer as propostas xunto cos edís de Festas, Mar Gómez; Promoción Económica, Olga Ameneiro; e Deportes e Mocidade, Ibán Santalla.

Participaron tamén na convocatoria Susana Oreona, da Asociación de Comerciantes de Narón; José Luis Bouza e Ana González, do moto club Fojeteiros e Amando Guerrero, da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, entidades todas que colaboran nalgunhas das actividades deste Nadal.

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro xoves o espectáculo El Cascanueces, de El Ballet de Kiev -20:30 horas- e haberá tamén música os días 21 deste mes -20:00-, con góspel a cargo de The Mississippi Mas Choir, que trae a Narón The Gospel Legend Tour e o tradicional concerto de Fin de ano a cargo da Xove Banda de Narón e a Banda Infantil de Asociación Cultural Musical Sementeira, o día 27 deste mes -19:30 horas-.

A partir do 21 deste mes tamén se concentrarán varias propostas navideñas, como o Navitrén, que regresará os días 21, 22, 23, 26, 27 e 28, 29 e 30 e os días 2, 3 e 4 de xaneiro, con viaxes pola cidade e saídas das inmediacións do Concello ás 12:00 e 13:00 horas e polas tardes, cada hora, dende as 16:00 ata as 20:00, incluídas.

Os tickets poderán recollerse a partir da vindeira semana nos establecementos adheridos á Asociación de Comerciantes de Narón, que colabora co Concello, e tamén no Consistorio. En colaboración co Motoclub Fojeteiros levarase a cabo tamén o día 21 unha nova edición, a décimo cuarta, da Xornada Moteira Solidaria. Os participantes realizarán un percorrido pola cidade e sairán ás 16:30 horas da praza de Galicia, a onde regresarán sobre as 17:15 horas con Papá Noel, que recibirá ás nenas e nenos que se acheguen á citada ubicación.

Dende o 21 ao 24 deste mes e os días 26 e 27 desenvolverase o programa Tardes Xuvenís na Casa da Mocidade -17:30 a 20:30 horas-. Neste caso, trátase dunha proposta dirixida á mocidade naronesa e que contempla actividades lúdicas e educativas. As actividades son de balde e repartiranse en tres espazos diferenciados, un de xogo comunitario, outro de debuxo e pintura e outro de videoxogos. A maiores, haberá unha serie de obradoiros para os que será preciso inscribirse previamente a través do enlace: https://gplus.typeform.com/to/Jrrga9LB.

O domingo 22 celebrarase na Feira do Trece, en Sedes, o Mercado de Segunda man, operativo de 10:30 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 19:00 horas, con entrada de balde e sorteo de agasallos. A música regresará a finais de ano, o día 28 -20:00 horas- cun concerto no Pazo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que traen a Narón o espectáculo Axúdame a sentir.

O 26 de decembro terá lugar a Ruada do Apalpador, organizado a través do programa Narón Gaña co Galego e en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. Será no local social do Alto -18:00 horas- e require inscrición previa a través do correo a.pita@naron.gal.

O martes 31 de decembro será A Trintaeundoce, a San Silvestre naronesa -16:30 horas-, con saída e meta na estrada de Castela, nas inmediacións da rotonda de Freixeiro. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través da web: www.galitiming.com.

A Festa de Fin de ano da Praza de Galicia dará comezo o 1 de xaneiro a partir das 01:00 horas, coa actuación da orquestra Origen e do grupo Claxxon e con entrada de balde, baixo unha gran carpa. Antes do espectáculo musical haberá unha sesión de fogos de artificio. A programación de Nadal pechará o domingo 5 coa Cabalgata de Reis, con saída ás 18:00 horas da praza do colexio de Xuvia, un pasarrúas pola estrada de Castela e a recepción aos Reis Magos na praza de Galicia.

Lea también

Un hombre herido al ser atropellado en un paso de peatones en la carretera de Castilla, en Narón

Un hombre resultó herido sobre las 8,30 horas de este miércoles al ser atropellado en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *