O grupo Elefantes ofrecerá un concerto en As Pontes, con motivo do seu 30º aniversario.

Elefantes celebra 30 anos de traxectoria musical ás súas costas e fano subíndose aos principais escenarios do noso país nunha emocionante vira aniversario que promete ser unha viaxe nostálxica para os máis fieis seguidores da banda e unha experiencia inesquecible para os amantes da música en xeral.

Renovadores da canción española desde unha perspectiva única e persoal, a banda posiciónase como un dos referentes da escena musical nacional, fusionando con mestría melodías que van desde o pop ata o flamenco, pasando pola canción melódica e o rock.

O próximo 21 de febreiro Elefantes chega a As Pontes (Auditorio Municipal Cine Alovi, ás 20;00 horas) para conmemorar estas tres décadas de brillante traxectoria musical cun show único e unha nova posta en escena. Un directo onde revisitarán os éxitos que definiron a identidade sonora da banda e presentarán as súas últimas composicións incluídas no seu último álbum, que reflicten a súa madurez artística.

Elefantes é un grupo de música pop/rock orixinario de Barcelona, formado en 1994 por Shuarma (cantante e compositor), Jordi Ramiro (batería), Julio Cascán (baixista) e Alex Viveiro (guitarra). Unha banda que é o claro exemplo de músicos de raza, que combinan elegancia e arrebato, distinción e furor nos seus directos, con mensaxes de calado e coidada instrumentación.

O grupo continuou cultivando éxitos e recibindo unha gran acollida por parte do público durante todos estes anos de traxectoria musical. Un momento único para deixarse levar polas melodías da banda e gozar das súas letras, Non perdas a oportunidade de ser parte desta celebración musical que promete ser inesquecible.

Lea también

La biblioteca municipal de Ferrol mejorará el acondicionamiento acústico de la planta baja

Está previsto que las obras comiencen el próximo martes día 8, y se cerrará la …