As Somozas leva a súa veciñanza a visitar a iluminación de Nadal de Vigo

O Concello das Somozas pon a disposición da veciñanza un servizo de transporte, totalmente de balde, para visitar o alumeado de Nadal da cidade de Vigo.

O autobús sairá o 28 de decembro, ás 14:00 horas, desde o Centro Cívico Sociocultural. O regreso está programado sobre ás 22:30 horas do mesmo día, aproximadamente.

As prazas son limitadas (55 prazas) polo que as persoas que desexen participar nesta actividade deberán inscribirse antes do xoves 26 de decembro, no Centro Cívico Sociocultural das Somozas.

Lea también

Juan Galán presenta en Neda o ensaio “Rotspanier” sobre o exilio en Francia dos republicanos españois

A biblioteca municipal de Neda acolle o xoves 12 de novembro, a partir das 19:30 …