O Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galiza (SPEG), situado nas oficinas da Área de Formación e Emprego do Concello de Fene, será desconectado e retirado definitivamente nas próximas semanas, segundo informou a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Este servizo, en funcionamento desde 2006, facilitaba xestións como a renovación da demanda de emprego, a solicitude de cita previa, o acceso a ofertas e accións formativas ou o uso da oficina virtual do SPEG.
Pese á súa retirada, desde o Servizo de Orientación Laboral do Concello continuarase atendendo ás persoas que precisen asesoramento nos ámbitos formativo-ocupacionais. Pódese contactar no teléfono 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal