Piñeiros, Narón, conta con cinco estacionamentos alternativos para acendido da iluminación de Nadal

O Concello de Narón acenderá este xoves 5 a iluminación de Nadal en todo o termo municipal. Así o recordou a edil de Festas, Mar Gómez, indicando que terá lugar nos xardíns da residencia San José de Piñeiros ás 19:00 horas.

Así mesmo, dende a área de Seguridade, o concelleiro José Oreona explicou que as persoas que acudan poderán estacionar na parte posterior da igrexa de Piñeiros, na zona do campo de fútbol, xunto á antiga nave almacén de Covirán/Codeal, trala escola infantil municipal da citada parroquia e mesmo fronte á empresa Autos Paco, áreas de estacionamento alternativo próximas á zona na que se desenvolverá o evento.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, acompañada doutros representantes da corporación local, de persoal da residencia San José de Piñeiros e de veciños da cidade, será a encargada de premer o pulsador co que se acenderá unha gran árbore de algo máis de 25 metros ubicada nos xardíns do citado centro e outros elementos ornamentais instalados para a ocasión nesa zona e ao longo do termo municipal.

O acto estará amenizado polo grupo de Cantareiras do Padroado da Cultura e tamén haberá uns elfos cos que se poderán fotografiar os nenos. Para todos os asistentes serviranse castañas asadas con leite. O acendido de Nadal estará operativo dende o 5 de decembro ata o 9 de xaneiro a partir das 18:00 horas e ata as 00:00, salvo as noites do 24, 25 e 31 de decembro e os días 1, 5 e 6 de xaneiro, nos que permanecerá acendido ata o amencer.

Lea también

Identificado un vecino de Narón acusado de atropellar «dos veces» con su coche a otro de Valdoviño

La Guardia Civil ya ha identificado al conductor que supuestamente atropelló hasta en dos ocasiones …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *