Miles de escolares en Ferrol son «rondados» nos seus centros escolares

Dentro das I Xornadas Escolares de “As Pepitas”, financiadas pola Axencia de Turismo de Galicia e organizadas por CITES FERROL, unha representación das diferentes rondallas da cidade están a rondar aos escolares de ensinanza obrigatoria de Ferrol.

Entre os obxectivos das visitas destaca o feito de espertar o interese entre os máis novos para garantir a continuidade da festa, así como apoiar o recoñecemento de “As Pepitas” como festa de interés turístico nacional.

Os centros que contaron o están a recibir a unha das Rondallas son o CEIP Ángela Ruiz Robles, CEIP Ledicia, CPR Tirso, CEIP A Laxe, CEIP Cruceiro de Canido, CPR Merecedarias, entre outros. Deste xeito, tanto @s escolares como os mestres coñecen de primeira man a orixe das Rondallas, a historia da festa, os instrumentos que tocan, o que fan cada noite do 18 de marzo e durante todo o ano e, incluso, cantan xuntos algunha canción.

Son moi numerosas as curiodidades que espertan entre os escolares as súas capas negras coas escarapelas e os estandartes. Grazas a estas Xornadas, xa son unha casi unha decea as solicitudes recibidas de nenos que muestran o seu interese en participar na primeira escola de rondallistas de Ferrol.

Por último, destacar, que entre os días 9 e 19 de decembro estarán expostas as escarapelas realizadas polos centros na sede de AFundación de Ferrol, mostra que estará arroupada pola celebración dun acto simbólico de apadriñamento que terá lugar o vindeiro mércores 11 de decembro ás 11 horas no auditorio da citada sede, e que contará coa presencia do Director de Turismo de Galicia entre outras personalidades.

Lea también

Más de 350 nadadores se dan cita en el «Trofeo Marcos García Ciudad de Ferrol»

La competición se celebrará el sábado día 31 en el complejo polideportivo Javier Gómez Noya. …