O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo de danza e música tradicional a cargo do Grupo de Música e Bailes Tradicionais Alxibeira e da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.

Pazo da Cultura

As actuacións desenvolveranse durante aproximadamente hora e media e as persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de 2,50 euros, no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou a través da web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es). Os abonados ao Padroado da Cultura poderán asistir de balde.

O grupo Alxibeira constituíuno o Padroado da Cultura de Narón a finais de 1986 para revalorizar o folclore e as costumes de Galicia e recuperar as nosas tradicións. Presentouse oficialmente en 1988 e dende entón realizou actuacións a nivel nacional e internacional. Quique Peón dirixe Alxibeira dende outubro do ano 2020.

En canto á Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, constituíuse en novembro de 2020 froito da iniciativa dun grupo de nais e pais do CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego, para dar continuidade ao traballo realizado polo alumnado nas actividades extraescolares de danza tradicional e pandeireta. Participaron tamén en festivais nacionais e internacionais nos seus máis de vinte anos de traxectoria.

Esta mesma tarde haberá tamén no Pazo un espectáculo, un concerto tributo a Pink Floid a cargo de Tertulia Producción que dará comezo ás 21:00 horas e na xornada do domingo representarase a obra La Selva, da compañía Teloncillo, ás 18:00 horas.

Lea también

Odeón Narón promueve una recogida de juguetes en colaboración con la ONG Dignidad

El Centro Comercial Odeón-Narón está llevando a cabo una recogida de juguetes (tanto nuevos como …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *