2013 escolares de Narón e comarca asisten ás representacións da XXXX MOTIX

Un total de 2.013 escolares de primeiro a cuarto curso de Primaria de centros de ensino de Narón e comarca desprazáronse esta semana ao Pazo da Cultura para asistir ás representacións da XXXX Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón (MOTIX).

O Padroado da Cultura organiza a convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta semana, entre o mércores e xoves, realizáronse seis pases, dous por día, da obra Rob, da compañía Teatre de L`Abast.

O protagonista desta historia é Rob, un home que se sube a un barco e que non sabe que nunca chegará ao seu destino, senón a unha illa na que se atopará a si mesmo. A imaxinación será o seu salvavidas nun tempo de soidade e a illa está realmente no seu interior.

Na xornada do mércores viron a obra escolares do CRA do Val e dos centros Ponte de Xuvia, Santiago Apóstol e A Gándara, de Narón, e tamén do Lestonnac, de Ferrol; o San Isidro, de Neda; o San Ramón, de Moeche; o San Rosendo, de Neda e o Virxe da Cela, de Monfero. O mércores acudiu alumnado dos centros naroneses do Feal, Piñeiros e Jorge Juan e tamén da Laxe d do Juan de Lángara, de Ferrol; Os Casais de Fene; Andrade, de Pontedeume e Maciñeira, de Neda.

Finalmente, este xoves acudiron alumnos da Solaina e do Ayala e Virxe do Mar e Santiago Apóstol, de Narón; de Unión Mugardesa, de Mugardos; da Xunqueira, de Fene; das Mirandas, de Ares. A XXXX Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón desenvolverase a vindeira semana nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, onde se poderá ver a obra La Selva, da compañía Teloncillo.

As representación levaranse a cabo os días 2, 3 e 4 de decembro e pecharán a programación desta edición da mostra. En conxunto, representaranse cinco obras de teatro, no Pazo da Cultura, no Auditorio municipal e nas escolas infantís municipais.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *