Reunión en Narón da Mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero

A concelleira de Igualdade de Narón, María Lorenzo, presidiu no mediodía deste xoves 28 a reunión da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.

Unha convocatoria á que tamén acudiron a Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, Manuela Vilaboy; a inspectora xefa da UFAM da Comisaría de Ferrol-Narón, Guadalupe Lorenzo; o subinspector da UFAM, Manuel Díaz; o axente da Policía Local de Naron Juan Manuel Delgado; Belén Barro, representante do centro de saúde de Narón; Clara Vilariño, deputada da Xunta de Goberno e responsable de SOX do Colexio de Avogados de Ferrol; Yolanda Martínez, xefa do Servizo Sociocomunitario de Narón; Lucía Vázquez, traballadora social do Concello de Narón e Judith Martínez, educadora social do Concello de Narón.

No transcurso da convocatoria aprobouse a acta da sesión anterior para, a continuación, dar paso á exposición de datos (internos) sobre os casos activos de violencia de xénero na provincia e tamén na cidade.

Manuela Vilaboy encargouse de ofrecer a información e de indicar as actividades que se impulsan dende a Unidade contra a violencia sobre a muller e dende o Ministerio de Igualdade en xeral. Charlas en centros de ensibo, puntos violeta, o Plan director de Educación, diversas campañas informativas… e finalmente, a aposta polos centros de atención integral ás vítimas 24 horas, cun deles en Ferrol que comezará a funcionar antes de finais deste ano.

Dende o Concello de Narón tamén se resumiu o traballo realizado coas campañas A igualdade polos pelos, A noite en igualdade e a posta en marcha do Punto violeta, así como as actuacións levadas a cabo este ano con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

A edil María Lorenzo destacou a implicación dos centros de ensino da cidade e da cidadanía en xeral, así como dos corpos e forzas de seguridade do Estado e das diferentes administracións para continuar traballando conxuntamente para tratar de erradicar esta lacra social e ofrecer ás vítimas protección e ferramentas á súa disposición.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *