Axenda en Narón da fin de semana

Venres 29 de novembro de 2024

Actividade: I Feira de literatura e arte Hora: De 12:00 a 20:00 Lugar: Pavillón da Mocidade da Gándara

O Concello de Narón colabora co Grupo de Autores de Ferrolterra na organización deste evento, que reunirá a profesionais (preto dun centenar) da literatura e da arte. Algúns escritores participantes asinarán libros ao longo da xornada.

Actividade: Conferencia: “Unha mirada dende a saúde mental cara as claves do envellecemento” Hora: 19:00 Lugar: Local social do Alto do Castiñeiro

O local social do Alto acollerá esta conferencia da psicóloga Rita Touza. A iniciativa forma parte do programa municipal A saúde mental importa. A entrada é de balde, ata completar a capacidade da sala.

Actividade: Concerto tributo a Pink Floid Hora: 21:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Tertulia Producción trae a Narón este espectáculo, de música rock, un tributo que forma parte dunha espectacular xira que nos trasladará aos grandes concertos do emblemático grupo británico. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou da web do Padroado da Cultura: www.padroadodacultura.es.

Sábado 30 de novembro de 2024

Actividade: Obradoiro de defensa persoal para mulleres Hora: 10:00 a 13:00 Lugar: Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros

Preto dun centenar de mulleres empadroadas en Narón acuden a este obradoiro, cunha entrega de diplomas por asistencia programada para as 13:00 horas. A actividade forma parte do programa deseñado polo Concello para conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia dexénero.

Actividade: Espectáculo “Un rapaz de aldea” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

O público revivirá con este espectáculo de narración oral a historia de Memorias dun neno labrego, da man de Caxoto Contacontos. As lembranzas de Caxoto e as de Balbino, o protagonista da obra de Neira Vilas, mistúranse nesta peza. A entrada require inscrición previa.

Actividade: I Feira de literatura e arte Hora: De 11:30 a 20:00 Lugar: Pavillón da Mocidade da Gándara

Actividade: Alxibeira e Asociación Musical e Danza Tradicional Quieroa Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

O Grupo de Música e Bailes Tradicionais Alxibeira e a Asociación Musical e Danza Tradicional Queiroa subiranse ao escenario do Pazo para ofrecer ao público este espectáculo de danza e música tradicional, de hora e media de duración. As entradas teñen un prezo de 2,50 euros para o público xeral e son de balde para os abonados.

Domingo 1 de decembro de 2024

Actividade: 38 Carreira popular Volta á ría-Memorial Adolfo Ros Hora: De 10:00 a 13:00 Lugar: Saída e meta na estrada de Castela (á altura do Concello)

Un total de 799 persoas participarán nesta nova edición do Adolfo Ros, organizado polo Concello de Narón en colaboración cos de Neda, Fene e Ferrol. A entrega de premios será ás 13:00 horas no Auditorio municipal, na Praza de Galicia.

Actividade: La Selva Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Teloncillo trae ao Pazo esta obra de teatro dirixida á primeira infancia (a patir de 6 meses) e que propón unha viaxe por Asia, África ouAmérica pola selva, na procura de animais. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou da web do Padroado da Cultura: www.padroadodacultura.es

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle un espectáculo de danza e música tradicional

O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado 30, ás 20:00 horas, un espectáculo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *