A XIV edición de “Saborea As Pontes” reparte máis de 18.000 tapas

A décima cuarta edición do concurso de tapas “Saborea As Pontes”, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios das Pontes (COHEMPO) serviu un total de 18.019 tapas.

A cifra deuna a coñecer a concelleira de Promoción Económica, Elena López, durante o acto de entrega dos premios do concurso gastronómico, celebrado entre os días 7 e 17 de novembro e no que participaron 15 establecementos, no que Delapiccola food bar obtivo o galardón á tapa máis valorada polo público así como o premio á mellor tapa pontesa, elexida polo xurado profesional.

Durante o acto de entrega de premios, no que estivo presente unha numerosa representación dos hostaleiros locais e da veciñanza, a edil, tras dar a noraboa ós premiados, amosou a súa satisfacción polos resultados acadados e agradeceu ao sector hostaleiro da vila o seu traballo e profesionalidade, facendo que Saborea As Pontes supere todas as expectativas, tanto na calidade das tapas como de participación.

“É un orgullo contar cun sector de profesionais, que ano tras ano, nos amosan o mellor de si mesmos facendo que Saborea As Pontes sexa xa un referente no ámbito dos concurso culinarios” subliñou a edil.

A concelleira tamén quixo dar “as grazas á veciñanza e persoas visitantes polo seu apoio á hostelería local, saíndo ás rúas, probando as tapas e contribuíndo á dinamización dun sector esencial na economía da vila, xerador de centos de postos de traballo. Un sector conformado por grandes profesionais, que cada día, nos agasallan co seu bo facer e co seu compromiso co futuro do noso pobo” engadiu Elena López.

Lea también

Aprobado en Neda inicialmente el reglamento del Consello de la Memoria Democrática

El Pleno del Ayuntamiento dió luz verde inicial, por unanimidad, en la reunión ordinaria del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *