O pequeno comercio de Narón regala bolsas reutilibles á súa clientela

O Concello de Narón entregou a representantes da Asociación de Comerciantes de Narón bolsas reutilizables da campaña “Merca en Narón. Facemos cidade” impulsada a través do Consistorio en colaboración coa citada entidade.

A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, fixo entrega do material –realizáronse 1.750 unidades- á presidenta da ACN, Rocío Rodríguez, e a Susana Oreona e Alba Dopico, integrantes da directiva da citada asociación.

A partir deste mércores 27, os comercios que formen parte da ACN poderán contactar coa directiva para recoller as bolsas que lles correspondan, que poderán entregar nos seus establecementos á clientela, ben coas compras realizadas ou sorteándoas. A concelleira de Promoción Económica informou que os pequenos comercios de Narón que non estean asociados á ACN poden tamén dispoñer destas bolsas, debendo no seu caso desprazarse ao Concello e solicitalas no segundo andar, onde deixarán os seus datos persoais e do establecemento.

A entidade local valorou a posta en marcha desta iniciativa, sobre a que Olga Ameneiro destacou “a aposta do Consistorio por impulsar as ventas no pequeño comercio da nosa cidade, que ten moito que ofrecer e promove unha atención persoalizada coa clientela durante todo o ano”.

Lea también

Uns 350 escolares participan nos obradoiros de murais programados dende polo Concello de Narón en centros de ensino

Uns 350 escolares de once centros de ensino de Narón participan nos obradoiros de murais …