O Grupo Municipal Socialista presenta dúas moción ó pleno, una versa sobre a implantación dun plan de recuperación para o barrio de Recimil
O Grupo Municipal Socialista expón o seguinte «o barrio de Recimil, construído na década de 1940 para aloxar aos traballadores da industria naval, é unha zona emblemática de Ferrol. Coñecido como «as Casas Baratas», este conxunto residencial de propiedade municipal conta con máis de mil vivendas distribuídas en bloques de dúas e tres alturas, rodeados de zonas verdes e prazas como a de Sevilla».
«Ao longo dos anos, Recimil enfrontou diversos desafíos, incluíndo a degradación das súas edificacións e espazos públicos, así como problemas de ocupación ilegal que afectaron a convivencia na zona. Para abordar estas cuestións, en 2016 o barrio foi declarado Área de Rehabilitación Integral (ARI), o que buscaba entre outros obxetivos a implementación de proxectos de rexeneración física, económica e social».
«Dende ese momento, comenzou un camiño decidido pola recuperación do barrio, comenzouse o camiño da actualización dos censos de ocupación de vivendas e paralelamente decidiuse mudar a estratexia de intervención nas edificacions, sustituindo as reparacións e intervencións menores, por unha estratexia de recuperación e adaptación a eficiencia enerxética dos edificios, chegando no periodo do 2019 ao 2023 a inversión mais significativa no barrio dende a súa construcción, recuperando entre outros os edificios nas rúas, Betanzos, Ares, Cedeira, As Somozas, na estrada de Castela e praza de España, tamén se puso en marcha o proxecto piloto para a reforma interior».
«A pesar dos esforzos realizados, vemos como nos último anos, dende a chegada á alcaldía do señor José Manuel Rey Varela, o investimento no barrio desapareceu, así como o mantemento, có incremento da inseguridade».
«O barrio de Recimil require unha intervención integral e coordinada por parte das administracións públicas. É necesario promover a rehabilitación das vivendas, mellorar a seguridade cidadá, fomentar a inclusión social e ofrecer oportunidades de acceso á vivenda para a mocidade».
Propostas de acordo:
«A reactivación do programa de rehabilitación de vivenda. O Concello de Ferrol comprométese a reactivar a licitación das obras de rehabilitación e mellora de eficiencia enerxética paralizado dende o último cambio de goberno na cidade».
«Elaboración dun Plan Sociocomunitario para o Barrio de Recimil: O Concello de Ferrol comprométese a desenvolver, en colaboración coa veciñanza, asociacións locais e entidades sociais, un plan que perdure no tempo e que aborde o desenvolvemento de programas de inserción laboral e social, actividades culturais,
deportivas e educativas (con especial incidencia na loita contra o absentismo escolar), e a promoción da convivencia intercultural, co obxectivo de acadar a inclusión plena da poboación, nomeadamente das persoas e colectivos máis vulnerables. Poñer en marcha o piso piloto de emerxencia social para estancias máximas de seis meses, e adecuación de outras nove vivendas do barrio para atender casos de emerxencia, sobre todo mulleres vítimas de violencia e persoas/familias en situacións de extrema necesidade/vulnerabilidade».
«Implementación dun Plan de Vivenda Pública para Mozos mediante a Rehabilitación de Pisos Baleiros: Solicítase ao Concello que, en coordinación co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Xunta de Galicia, se poña en marcha un programa para rehabilitar as vivendas baleiras en Recimil, destinándoas a mozos menores de 36 anos, facilitando así o seu acceso á vivenda».
«Desenvolvemento dun Plan de Mellora da Seguridade e Prevención de Conflitos: Instase ao Concello a reforzar a presenza policial no barrio, establecer programas de mediación comunitaria, mellorar o alumeado público e os espazos comúns, e organizar actividades preventivas que promovan a convivencia pacífica entre os veciños.
«Creación dunha Empresa Pública para a Xestión da Vivenda en Recimil: Propónse a creación dunha entidade municipal encargada da administración, mantemento e rehabilitación das aproximadamente 1.300 vivendas de Recimil, asegurando unha xestión eficiente e transparente».
«Posta en marcha dun Plan de Loita contra a Droga (Venda e Consumo): Solicítase a implementación dun plan específico que inclúa o reforzo da vixilancia e control policial, programas de prevención e educación, servizos de atención e rehabilitación para persoas con problemas de adicción, e a colaboración interinstitucional para abordar de maneira integral esta problemática».
«Apoio ao Pequeno Comercio Local: Proponse a implementación de medidas que fomenten o desenvolvemento e sustentabilidade dos pequenos comercios en Recimil, incluindo a rehabilitación integral do Mercado Municipal, recoñecendo o seu papel fundamental na economía local e na cohesión social do barrio»
A outra moción versa sobre a creación inmediata dunha unidade de rehabilitación cardíaca na área sanitaria de Ferrol
A este respecto Psoe Ferrol expón que «segundo a OMS, “a Rehabilitación Cardíaca (RC) é un conxunto de actividades necesarias para asegurar ás persoas afectas de cardiopatías, unha condición física, mental e social óptima, que lles permita ocupar, polos seus propios medios, un lugar tan normal como lles sexa posible na sociedade (ano 1964)».
«En España, a cardiopatía isquémica é a primeira causa de mortalidadeR provocando un elevado custo económico, social e unha deterioración importante da calidade de vida das persoas afectadas».
«Os programas de Rehabilitación Cardíaca son sistemas terapéuticos multifactoriais, destina- dos a persoas que padecen enfermidades do corazón».
«Neles, a práctica de exercicio físico programado e a actuación sobre os factores de risco cardiovascular, conséguese ralentizar a progresión da arteriosclerosis e unha diminución de novos episodios coronarios, así como o número de hospitalizacións e mortalidade por cardiopatía isquémica, mellorando benestar das persoas afectadas por esta doenza e a súa reinserción sociolaboral».
«As guías de práctica clínica internacionais, recomendan, sistematicamente que os pacientes con enfermidades cardíacas participen nos programas de RC para a prevención secundaria integral, con máxima evidencia, segundo o rexistro COCHRANE realizado en 2019. O momento en que se debe iniciar unha RC xorde coa denominada Fase I: fase de ingreso hospitalario dirixida a non perder masa muscular ou elasticidade co repouso».
«A Fase II: É o período máis importante da rehabilitación. Iníciase tras o alta hospitalaria com- prendendo os dous primeiros meses». «Nesta fase se programa o nivel de exercicio de cada doente, segundo as súas características clínicas e proba de esforzo, tentando evitar complicacións».
«A Fase III: Debe durar toda a vida do doente. Tenta unha reintegración do doente á súa contorna socio-laboral e familiar».
«Interesa lembrar os indicadores nas unidades de rehabilitación cardíaca, onde se conseguen magníficos resultados, nas persoas afectadas por esta doenza, así podemos ver que»:
«O 70% dos doentes conseguen obxectivos de control lipídico <55 mg/dl. Para iso o 80% dos doentes reciben tratamentos combinados con estatina de alta potencia e ezetimiba. O 5% reciben terapias con IPCSK9».
«O 60% dos doentes son hipertensos, deles o 90% terminan os programas coa hiper- tensión arterial controlada».
«O 35% son fumadores ao comezo dos programas, pero o 93% consegue o cesamento do tabaquismo ao alta».
«O 27% ten diabetes e de eles ao alta o 90% reciben tratamento con protección cardiovascular e renal».
«O 63% dos atendidos teñen sobrepeso ou obesidade e a metade deles perden peso, mesmo en programas curtos».
«O 80% dos doentes melloran máis dun MET a capacidade funcional ao terminar o programa de rehabilitación cardíaca».»A instalación de Unidades de Rehabilitación Cardíaca, en Galicia, non é equitativa, en relación as áreas sanitarias existentes. Unha situación que debe ser corrixida para evitar a desigualdade social e que o peso do código postal dos doentes galegos, sexa o maior factor de desequilibrio territorial. Por elo, é esixible e necesario que todos os hospitais galegos, dispoñan de unidades de rehabilitación cardíaca, ben dotadas de recursos técnicos e humanos».
Na actualidade, en Galicia, existen seis unidades de RC no Servizo Galego de Saúde: Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra, Vigo e Barbanza.
«A Unidade máis antiga é a de Lugo, contando con novas instalacións no hospital Lucus Augusti».
«A unidade de RC do Hospital Universitario de Santiago conta cun Programa Multidisciplinar de Rehabilitación Cardíaca da sanidade pública compostelá, valorando a máis de 2.000 doentes desde a súa posta en marcha en 2015. Colabora cunha unidade de RC no centro de saúde da Estrada, con doentes de baixo risco. No Clínico conseguiron reducir a morbimortalidad nun 25% entre quenes sufriron algún episodio cardíaco».
«Na área compostelá, o hospital comarcal de Barbanza dispón dunha pequena unidade de RC para unha poboación de 60.000 habitantes. Na área de Pontevedra a colaboración entre varios servizos sanitarios, Cardiología, Medicina Física e Rehabilitación, permitiu no 2021, crear no CHUP unha Unidade interdisciplinar de RC, que abarca a Area Sanitaria de Pontevedra e O Salnés e prevé atender unha media de 16 doentes á semana e uns 200 cada ano. A Unidade atopase na cuarta planta do Hospital Montecelo e contará cun cadro profesional formado por un médico de Cardioloxía, un facultativo de Rehabilitación, dous técnicos de Fisioterapia e un efectivo de Enfermería».
«A Unidade de RC do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo, foi ampliada recentemente, para atender 200 doentes cada ano. A Área sanitaria de Ourense, incorporou, neste ano 2024, unha Unidade de RC no CHOU, cunha media de atención de 30 doentes a semana»
«Pero na Área Sanitaria de Ferrol, carecemos de Unidade de Rehabilitación Cardíaca. Un feito incomprensible, dado que a Area Sanitaria de Ferrol, é unha das que teñen maior incidencia de episodios de insuficiencia cardíaca o que fai prioritario a existencia de ese servizo. A Área de Ferrol, conta cunha poboación de mais de 3000 doentes que superaron un episodio de cardiopatía e que precisarían da atención de estes servizos de rehabilitación cardíaca. A
incidencia anual é de mais de 500 infartos de miocardio que, por fortuna, en gran parte actualmente se recuperan, pero que precisan dunha atención especializada e dun proceso específico de rehabilitación».
«Pero estes doentes, atópanse totalmente desprotexidos e abandonados polo Servizo Público Galego de Saúde xa que, o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, non dispón desa necesaria Unidade de Rehabilitación Cardíaca. Por elo, os doentes de cardiopatía da área de Ferrol, teñen que desprazarse a Santiago ou a Lugo que son os hospitais públicos mais próximos que dispoñen deste servizo. Isto supón unha grande dificultade, para as persoas que padecen esta doenza e as súas familias, xa que o traslado ten que realizarse por medios propios ou públicos, xa que non son atendidos polo transporte sanitario».
«Este desprazamento, con leva un custe adicional que, en moitas ocasións, non pode ser afrontado polos doentes de sectores económicos vulnerables, o que aumenta aínda máis a desigualdade a hora de acceder a un servizo público esencial, como é a sanidade, que debería ser unha das principais preocupacións da Consellería de Sanidade». «En suma, entendemos que non é de recibo que a Consellería de Sanidade manteña a Área sanitaria de Ferrol sen este servizo tan importante para a saúde e a calidade da atención sanitaria da nosa poboación, un feito que supón unha desigualdade e agravio manifesto e inaceptable, con respecto as outras áreas sanitarias galegas que si dispoñen de este servizo».
«Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol propón ao Pleno da
Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo»:
«O PLENO DO CONCELLO DE FERROL INSTA Á XUNTA DE GALICIA Á CREACIÓN INMEDIATA DUNHA UNIDADE DE REHABILITACIÓN CARDÍACA NA ÁREA SANITARIA DE FERROL, PARA DAR SERVIZO AOS NUMEROSOS DOENTES DE CARDIOPATÍAS EXISTENTES NA MESMA»