Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, un izado da bandeira galega que se levará a cabo ás 12:00 horas na Casa da Cultura.

A iniciativa responde a unha proposta formulada pola Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza Vía Galega, conformada por 61 entidades e que aposta por impulsar iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, entre eles o himno e a bandeira.

O Consistorio sumouse á campaña de colocar e exhibir bandeiras, programada coincidindo coa semana na que se celebrou, durante o 17 e 18 de novembro de 1918 a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, da que se cumpriron 106 anos.

Por este motivo, entre o 17 e o 23 de novembro deste ano animan a cubrir toda a xeografía galega de bandeiras galegas, engalanando tamén fiestras e varandas. O propio 23 haberá un acto en varias localidades galegas, entre elas Narón, para izar e colocar esas bandeiras nun lugar vistoso.

No acto participarán representantes da corporación local e procederase a ler un manifesto sobre a patria galega, a súa historia e as súa galeguidade.

Lea también

Herido el conductor de un camión que quedó volcado en una carretera de Narón

Un hombre de 34 años ha resultado herido en la mañana de este miércoles en …