109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do Trofeo Cidade de Narón de Tiro con Arco. Un evento que presentou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, xunto con Magdalena Bello e Anxo Grandal, presidenta e vicepresidente, respectivamente, do Club Arco Narón.

O torneo, incluído no calendario da Federación Galega de Tiro con Arco, dará comezo ás 9:25 horas, e resultou todo un éxito de convocatoria, con 109 participantes, a cifra máis elevada dos convocados na cidade nesta modalidade deportiva.

Os xogadores proceden de un total de dezasete clubs, maioritariamente galegos pero tamén de Madrid e Cataluña. “Estará o mellor arqueiro da historia de España de arco composto de poleas, Alberto Blázquez, a persoa que nos ensinou todo a nós, que só compite en dous sitios de España, un deles con este que foi o seu club”, apuntou Grandal.

“Batimos o récord de participación, teremos en Narón a máis arqueiros e arqueiras que nun campionato galego”, sinalaron dende o club. Así mesmo, destacaron que será unha competición cun gran mulleres participando na categoría absoluta neste deporte, un total de 17.

En canto ás categorías, haberá xogadores dende 8 anos ata máis de 50 e haberá dúas modalidades para persoas con deficiencia visual e intelectual.

O concelleiro de Deportes felicitou aos integrantes do club local pola excelente organización e o traballo realizado para manter este trofeo na cidade.

Santalla fixo especial fincapé “na aposta do club por contribuír a facer a través do deporte un mundo máis inclusivo, con cabida para todas e todos, seguindo un labor e uns valores que sempre fomentamos dende o Concello”.

Lea también

La FGTenis anuncia la puesta en marcha del Circuito de Pickleball Lintel Head Tour25

La Federación Gallega de Tenis anuncia la puesta en marcha del Circuito de Pickleball Lintel …